Opinión sobre as actividades de APEM

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | junio 25th, 2018

Estou moi satisfeito coas  actividades que se realizan no CRPL de Carballo; as que mais me gustan son o Taller de Prensa e o Taller de Teatro. O Taller de Prensa gústame porque comentamos notícias que se publican no periódico e de esta maneira estamos enterados do que pasa no mundo e temos un mellor nivel cultural. Pareceme algo realmente positívo que tanto eu como o resto de compañeiros estemos informados sobre todas as noticias da actualidade.

Tamén me gusta moito o teatro porque me relaciono directamente con outros compañeiros e compañeiras e porque podo mellorar as miñas relación sociais. No teatro poñome a proba como actor. Non sei interpretar unha obra como un actor profesional, porque son un pouco tímido pero ensaiamos moitas veces e o final a obra sae ben representada. E necesario ter boa memoria, xa que normalmente hai bastante diálogo. Ahora que o que sí e verdade e  que me poño bastante nervioso cando temos representacións fora do noso Centro.

Ramón Gíl Fernández. Colaborador do CRPL Carballo.

Ramón vestido de Cónsul romano  para a seu papel de Marianus Calvus na obra “Unha de romanos”

Ramón vestido de Cónsul romano para a seu papel de Marianus Calvus na obra “Unha de romanos”

Deja tu respuesta