Unindo pezas

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | octubre 30th, 2017

No CRPL de Betanzos xa levamos un ano contando coa colaboración da voluntaria Ángeles Bao, á fronte do taller de puzzleterapia. Dende entón son varias as creacións finalizadas e moitas máis as conversas e risas arredor delas. Paisaxes, collages, cidades europeas, etc… forman parte xa da nosa galería de puzzles. Esta semana comezamos un novo, desta volta escollemos unha reproducción do cadro “Lighthouse 1”, da pintora Karla Gerard, artista da Cidade de Waterville do Estado de Maine, USA. Esta artista caracterízase  por utilizar un colorido extravagante e chamativo nas súas obras, o que se ven denominando estilo naif.

 

Betanzos