Xardín con poderes especiais

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | agosto 28th, 2017

Por se non o coñecíades aínda, hoxe presentámosvos o marabilloso xardín dos Chopos. Este foi posible grazas aos mozos e mozas que asisten ao invernadeiro xunto coa colaboración dos monitores. Contamos con tres tipos de plantas, Lavanda, Surfinia e Begonia. Como podedes ver nas fotos, fixemos uns carteis informativos para que todo aquel que pase polo noso patio poida identificar cada una delas sen problema e de paso aprender un pouquiño sobre as peculiaridades de cada una. Este xardín, ademais de adornar e facer máis agradables os nosos descansos, fomenta a responsabilidade das persoas que están ao seu cargo permitindo así que se creen hábitos de coidado e atención.

Ah, e por certo, dicirvos que estades todos e todas invitadas a visitalo!

 

Chopos 1 (1) Chopos 1 (2) Chopos 1 (3)

Deja tu respuesta