Dende APEM-CEE seguimos convertendo este mes, no mes en prol da Saúde Mental. Esta vez tivemos a oportunidade de facernos oÃr dende a nosa tertulia favorita, a de Radio Nordés. Acercámonos aos oÃntes dende dúas perspectivas que consideramos inseparables, a profesional e a das persoas usuarias dos nosos servizos.
AsÃ, o martes tivemos a sorte de contar con Antonio Hernández (Director de Feafes Galicia), Alba Fernández (Psiquiatra da Unidade de Saúde Mental do Hospital Virxe da Xunqueira) e Nacho Vázquez (Psicólogo de APEM), xunto ao equipo técnico de Cee e Vimianzo, Nerea González (Psicóloga) e Noelia Quintáns (Traballadora Social). Destacaron as importantes conclusións acerca do camiño que se abre no horizonte da rehabilitación cara a inserción laboral. Sen esquecerse de destacar o importante papel que fan as familias e todas aquelas fortalezas que as persoas afectadas poden demostrar nesta andaina dentro e fora de APEM.
O mércores, os nosos protagonistas da Unidade Residencial e CRPL de Cee, entrevistaron aos colaboradores o dÃa da Cea Solidaria polo dÃa da Saúde Mental: Marcos RodrÃguez (fotógrafo, que deu a doazón para o sorteo), Fran Hermida (presentador do acto) e Serj (cantante que nos obsequiou cun concerto).
Queremos transmitirvos que estes espazos supoñen para nos a oportunidade de darnos visibilidade e continuar derribando muros e estigmas, xa que como saia a relucir nestas charlas, os prexuÃzos so se manteñen cando algo non se coñece. Este é un proceso do que todos formamos parte, todos temos voz, por iso damos as grazas a toda a xente que xa colabora con nós, e a toda aquela que queda por vir.
Deixamos o link do facebook onde están colgadas as tertulias para que poidades escoitalo e darnos a vosa opinión!