Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

O pasado venres xuntámonos todos e vimos uns vídeos recopilatorios das nosas mellores fotografías do 2015, para recordar todas as actividades, excursións, paseos, e festas que fixemos durante todo o ano.

Elaborado por Cristina, usuaria do CRPL de Cambre, cada temática ía acompañada dunha música acorde ,e así, ademais de recordar todas as anécdotas vividas, púxosenos un sorriso na cara!

Xa estamos traballando nas actividades, excursións, paseos e festas para este ano 2016, esperemos que a finais do ano, teñamos unha recopilación tan extensa coma este, e a mochila cargada de marabillosas experiencias!

 

Cambre

VOLVER