Esta semán aproveitando o bo tempo fixemos unha excursión o Castro de Borneiro, un castro galaico de finais da Idade do Bronce tamen coñecido como a Cibda, situado no Concello de Cabana de Bergantiños a poucos Km do Dólmen de Dombate (que tamen visitamos recentemente).
Foi o primeiro Castro en ser datado con Carbono 14 en Galicia. Habitado entre os séculos VIa.c e I d.c. Nel non houbo romanización.
As vivendas son circulares e cuadrangulares de gran tamaño, varias dentro de un recinto amurallado. Conta con unha acropole (a parte mais alta) rodeada de un foxo e muros defensivos que actuaban como defensa natural. Desde a sua altura podese controlar a desembocadura do rio Anllons e a ria de Corme-Laxe.  No seu descubremento no ano 1924 por Parga Pondal y Pérez Bustamante  e en excavacións posteriores atoparonse multiples fragmentos de cerámica, útiles de bronce e ferro,muiños de pedra ou contas de vidro hoxe expostas no Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña.
Rematamos a excursión con café en terraza y tapa.