Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Adeus tomates,

adeus pepinos,

adeus chícharos pequenos,

adeus xudias saborosas,

non sei cando nos veremos,

Miña terra miña terra,

terra onde eu sachei,

hortiña que quero tanto,

berenxenas que plantei…

Pois si!!, rematamos co cultivo de verán nos invernadoiros de Cee, e aínda que nos dea moita pena ir retirando as plantas que tanto coidamos estes meses temos que ser fortes e dar a benvida ó cultivo de inverno, xa estamos niso, preparando para ter grelos, repolo, leitugas, cenorias, e unha chea de hortalizas propias da época.

pixlr

VOLVER