Para conmemorar o día da saúde mental que se celebra 10 de Outubro, este ano volvemos organizar unha Cea Solidaria. Os centros de Cee, Vimianzo e Carballo aunamos enerxías para sensibilizar e concienciar á xente.
Fomos case 300 persoas, entre as que se encontraban representantes políticos das comarcas de Bergantiños e Soneira-Fisterra, o director de FerroAtlántica Carlos Oliete, o subdirector médico do Hospital Martín Mario Díaz, o coordinador da área sanitaria de Coruña Juan Carlos Díaz del Valle, profesionais do campo da saúde, servizos sociais e cultura e deportes, profesores do institutos da zona, onde a entidade leva a cabo campañas de sensibilización, familiares, socios, amigos, profesionais e por suposto os nosos grandes protagonistas.
Foi ademais unha cea emotiva e divertida, dirixida por Fran Hermida, que arrincaba a gala facendo alusión ó lema deste ano “Son coma ti, peso que aínda non o saibas”. Logo interviu a presidenta de Apem, Toni Pérez Amieiro dando as grazas a tódolos asistentes e dando paso ós usuarios para ler o manifesto deste ano do Día Mundial de Saúde Mental. A última intervención a fixo o alcalde de Vimianzo agradecendo a asociación a labor que está a facer nesta zona coas persoas con enfermidade mental e coas familias.
O momento máis fermoso, e que sacou as bágoas de boa parte dos asistentes, foi a proxección dunha curta que fixemos no que se reflexa a loita polos prexuízos e etiquetas da sociedade. A música do vídeo foi composta por Serj, compositor vimiancés e compañeiro noso de Apem.
Na sobremesa sorteáronse unhas pezas de cerámica feitas por usuarios da asociación no taller de Kerámicos. Finalizou a cea dando o paso a magnífica actuación do grupo de música Carta de Ajuste composto por David Taboada e Iván Valdés, que sacou, neste caso, as risas, de todos os asistentes.
QUEREMOS AGRADECER DENDE AQUÍ A TODOS OS QUE COLABORASTEDES DUN XEITO E LOGRASTEDES QUE FOSE UNHA NOITE INOLVIDABLE.