Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Cómo cada ano, festexamos o Entroido por todo o alto, posto que se trata dunha das nosas festas favoritas, e este ano, o primeiro na Casa Rosa, non ía ser distinto!

A temática deste ano foi a orquestra! Para iso había que poñerse en situación e nos clasificamos en diferentes roles, cantantes, músicos, coristas…

Elaboramos uns chalecos vermellos no taller de costura para ir todos ben uniformados, e entre perrucas, gafas e sombreiros xa tiñamos o noso disfraz!

En cánto as cancións… foron eles dos que se encargaron da letra, letra que por certo consistía nunha crítica cara os monitores, ca música de “el de los ojos negros me tiene loca”.

E … como somos un pouco vengativas… as monitoras tamén elaboramos un canción sorpresa, que consistiu nunha crítica cara os usuarios, cun popurrí do mais variado… sempre en ton de humor!

Tras a actuación, non podía faltar a cantina con produtos propios destas festas que elaboramos nos nosos talleres de cociña, ou que trouxeron as familias… rosquillas, filloas, orellas, buñuelos…

Tómbola, baile, karaoke…. En definitiva, unha auténtica verbena!

 

Culleredo

VOLVER

Este sitio web utiliza cookies

Utilizamos cookies propias y terceros para gestionar el correcto funcionamiento de nuestra página web, para poder analizar y medir su rendimiento, así como medir la audiencia y analizar el comportamiento de los usuarios y ofrecer publicidad personalizada a partir de los hábitos de navegación de los usuarios. Puede configurar sus preferencias a través del botón de 'Configurar'. Si desea obtener más información puede hacerlo a través de nuestra Política de Cookies.

Necesarias
Preferencias
Estadísticas
Marketing
Personalizar cookies