Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Entramos no último mes do desenvolvemento da acción formativa CULTIVO BAIXO ABRIGO en Sergude- Carral, na que participan 8 persoas e que deu comenzo o día 1 de setembro do ano 2016. Ten como obxectivo o fomento de habilidades prelaborais relacionadas co cultivo baixo abrigo de planta ornamental.

Asímesmo, o 31 de xaneiro rematou a acción formativa CULTIVO ECOLÓXICO BAIXO ABRIGO E EN HORTA en Cee,  cun alto nivel de adquisición de coñecementos por parte das 12 persoas que participaron.

A realización destas duas accións formativas foi posible grazas a unha subvención

da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo no seu obxectivo 9: “Promover a Inclusión social e loitar contra a pobreza e cualquer forma de discriminación”.

 

logos

VOLVER