Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Nos talleres ocupacionais cada mañán é unha caixa de sorpresas, podemos estar facendo dende pompóns de lá a traballar madeira e preparar unhas fermosas caixiñas. Estas actividades a min reláxanme moito e axúdanme a relacionarme con compañeiros xa que imos combinando tarefas entre nós. Levamos á cabo un traballo en equipo e en cadea, xa que, todos temos as nosas limitacións e aínda que a veces me doa recoñecelo eu tamén teño as miñas. Debo agradecer o apoio que día tras día nos dá a nosa monitora xa que aprecia o esforzo que facemos e para min ela é un punto de apoio tamén a nivel psicolóxico. Dende aquí quero mostrar o meu agradecemento a todas as persoas que se acercan ó noso centro e nos encargan tarefas, xa que é unha motivación e satisfacción ver que gustan os nosos traballos.

Ramón Mouzo Díaz, colaborador do CRPL de Vimianzo

Traballo nos talleres ocupacionais
Traballo nos talleres ocupacionais

VOLVER