Con motivo do día Internacional da muller, que tivo lugar onte 8 de Marzo, en Apem Cambre quixemos sumarnos a celebración deste día e aportar o noso graniño de area para loitar pola igualdade, a través dunha actividade na cal analizamos un breve vídeo que nos mostra unha serie de micromachismos presentes na nosa sociedade.
Deste xeito, observamos que aínda queda bastante camiño por recorrer e que nas nosas mans está cambiar a realidade machista que estamos a vivir, sen esquecer que, ¡¡ o día da muller son todos os días!!
https://www.youtube.com/watch?v=Co_z_GbjbHY
Moi bo vídeo que reflexa a realidade que se vive a diario!