O luns dÃa 8 declarouse un incendio incontrolado no primeiro andar da unidade residencial de APEM Cee, ás 10:25 h deuse a voz de alarma e púxose toda a maquinaria a funcionar para evacuar o edificio.
Os xefes de equipo deron a indicacións pertinentes para que todos sairamos do edificio de maneira tranquila e ordenada, e asà coa súa boa xestión e a colaboración de todos os traballadores e usuarios, 3 minutos e 50 segundos despois de derclararse o incendio xa estabamos fora do edificio, e ós 5 minutos confirmábase a completa evacuación do inmoble.