Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Antonio Tizón (Aranga- A Coruña, 1960) é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e traballou como xornalista e profesor, ata que lle concederon unha incapacidade permanente absoluta, debido ao trastorno bipolar que padece, o que lle permite dedicarse só a escribir. Ten editados un libro de relatos, In medias res, e o poemario Ritmos.

O mércores 4 de febrero  terá lugar a presentación da súa obra máis recente,  a novela «A ANTESALA LUMINOSA» (Editorial: XERAIS, 2015), ás 20:00 horas, no local de Portas Ártabras (Rúa Sinagoga 22), na cidade vella da Coruña. Ademais do autor, Antonio Tizón, e do editor, Manuel Bragado, nesta presentación intervirá Rosalía Cotelo, filóloga, que dará a visión máis literaria do libro; Cándido Barral, xornalista, que falará do marco histórico no que se desenvolve a trama; e Juan Carlos Díaz del Valle, psiquiatra, que analizará o tratamento que se fai na novela sobre a enfermidade mental, especialmente sobre o trastorno bipolar.

«A ANTESALA LUMINOSA» é a primeira dunha serie de novelas protagonizadas polo inspector Xosé Sánchez Pereiro. A trama xira en torno á investigación da identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nas inmediacións da praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000.

A ANTESALA LUMINOSA

VOLVER

Un comentario