Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Esta semana 5 chicos de APEM-Cambre puideron disfrutar de tres días de excursión organizada por Feafes a Ponferrada, ata alí desprazáronse en autobús e xuntáronse con outros compañeiros e monitores procedentes de outras asociacións.

A excursión foi de gran interese turístico xa que gozaron da beleza dos paisaxes das médulas, o Castelo dos Templarios e as súas vilas empedradas, ademais da visita de distintos museos de índole diversa .

Foron tres días diferentes que aproveitaron para facer turismo, coñecer xente e compartir experiencias e, sobre todo, pasalo moi ben!!

 

Cambre

VOLVER