Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Esta semana queremos contarvos unha nova colaboración na que levamos xa traballando unhas semanas. Dende o concello de Mazaricos estaban a organizar un dos seus eventos mais importantes como é a Semana Gandeira e quixeron contar coa nosa colaboración. Colaboración que nos axudou a coñecer mais profundamente o sector gandeiro e a vida no rural.

Downloads

Por un lado dende o taller fixémoslle os detalles que ían entregarlles a diferentes personalidades, poñentes de mesas redondas, colaboradores e mesmamente a Conselleira de Medio Rural, Angeles Vázquez. Todo un orgullo para nós xa que damos a coñecer a nosa asociación. Deixámosvos unhas fotiños para que vexades que bonitas nos quedaron as vaquiñas pintas

 

 

2000630a1Por outro lado, nesa Semana Gandeira puxeron en marcha un campionato de debuxo entre os estudantes de primaria de todo o concello e pedíronnos se podíamos facer o difícil papel de xurado destes debuxos. Ó principio pensamos que ía ser moi fácil! Pero o certo é que había grandes artistas e o nivel estaba tan alto que nos costou moitisimo escoller os tres finalistas Que responsabilidade mais grande!pero despois de varias votacións  e de poñer en práctica técnicas para a toma de decisión consensuada finalmente sinalamos cales eran os nosos gañadores!

 

Pictures

Despois de haber feito estas tareas decidimos que queríamos coñecer de primeira man a eses pequenos artistas e aceptamos a invitación para ir o sábado a entrega de premios! unha tarde cargada de risas naque incluso puidemos ordeñar unha vaca, entregamos os premios ós nenos, comemos helado, bailamos co grupo de música De Vacas e coñecemos xente nova. Dende aquí agradecer ó concello a súa invitación e esperamos poder repetir novas experiencias coma estas!

 

 

VOLVER