Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Os días 28,29 e 30 do pasado mes de setembro, desprazámonos a Salceda para unirnos ás diferentes asociacións de FEAFES que iamos facer as tres últimas etapas do Camiño Francés a Santiago de Compostela. Foron tres días de convivencia, risas, solidariedade, intercambio de experiencias e moito camiño, cara arriba e cara abaixo… Todas experiencias novas e gratificantes que, como dicimos sempre en Betanzos, pasaron a ser: “Unha experiencia máis para meter na nosa mochila da vida”, e nesta ocasión, nunca mellor dito. O ano que ven, repetimos.

 

Betanzos 1Betanzos 2

VOLVER