Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

A xestión do ocio e do tempo libre é unha parte fundamental no crecemento como persoas e cidadáns activos na nosa comunidade. Por iso dende APEM Betanzos promovemos este aspecto que cremos importantísimo achegando a oferta de cultural dos arredores, actividades de ocio, etc.
A semana pasada acudimos na fin de semana a un Festival Rock solidario en Sada, e esta visitamos a Exposición dos traballos realizados no Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC) neste curso 2015-2016, en Betanzos. Temas como a problemática dos refuxiados, a fauna salvaxe, e outros amosados por artistas con diferentes técnicas.

Porque estamos rodeados de moitísimas actividades diferentes e interesantes…..NON QUEDEDES NA CASA!!!

P_20160617_120154 P_20160617_120111 P_20160617_120534

VOLVER