Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Aproveitando o bo tempo que nos brinda xullo, os compañeiros de Betanzos decidimos facer algo de exercicio á vez que disfrutamos da praia facendo bádminton. Dito deporte é estimulante e entretido, pero se lle sumamos a propiocepción e resistencia que nos ofrece a area encontrámonos con que fortalecemos moito máis o noso corpo e acabamos máis cansados do que esperábamos. Aínda así temos ganas de repetir outra vez e suxerímosvos a experiencia.

 

Betanzos

 

VOLVER