Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Agora que xa rematou  o 2016 estamos en potestade de facer o balance do que supuxo todo ano, e a verdade é que estamos moi satisfeitos, porque consideramos que foi un ano tremendamente positivo para nós:

Estremamos local, a Casa Rosa, o cambio é espectacular, e con isto, incorporamos novas actividades  que gustan moito, o taller de cociña e o de repostería saudable.

Seguimos festexando datas importantes, Nadal, Entroido, Día da Saúde Mental… entre outras varias e asegurámonos de saír un pouco destas catro paredes e descubrir sitios novos, tanto do noso redor, como o paseo fluvial de Acea de Ama, ou o paseo polo río Mero, a Praia de Coruxo ou distintos sitios da cidade da Coruña, coma algo mais afastados, coma Muxía e Vimianzo, Betanzos, Sanxenxo  e Madrid.

Ademais organizamos distintos festivais moi divertidos, o campionato de pin – pon e as olimpíadas apem entre outras… e acudimos a diversas actividades culturais, exposicións, museos, cines…

Con todo isto só pretendemos seguir mellorando cada día, e que este 2017 sexa un ano igual, ou mais, gratificante ca o 2016.

 

Culleredo

VOLVER