Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Ca chegada deste mes, voltamos á rutina no  noso CRPL, o centro cada vez está mais cheo xa que pouco a pouco, os chicos van  rematando  as súas vacacións e ademais  xa rematamos o horario de verán, e polo tanto temos as tardes ocupadas.

Así pois, volven as tardes de ocio, as tardes de xogos e manualidades, as tardes de música, as tardes de deporte, fútbol, baile e paseos polo paseo marítimo do Burgo cando o tempo no lo permite e as tardes de cine; esta última consiste no visionado dunha película previamente elixida por eles na nosa carteleira particular e, de vez en cando, acompañada con palomitas; polo que só nos faltaría unha pantalla xigante para non ter nada que envexar ás  grandes salas dos cines dos Rosales ou do Marineda…

Este mércores elixiron a película  de orixe arxentino “Nueve Reinas”, houbo opinión para tódos os gustos pero en xeral, tivo boa acollida.

Xa estamos preparando a carteleira da semana que ven que tratará sobre unha temática concreta: cine de animación.

nueve reinas

VOLVER