Os dÃas 30 de setembro e 1 e 2 deste mes, un grupo de chicxs de Apem Cambre collemos as nosas mochilas e dirixÃmonos ata Santiago de Compostela. Percorremos o derradeiro tramo do Camiño Francés organizado por Feafes xunto outras asociacións que traballan a prol da enfermidade mental coma Andaina, Morea e AfaesPortanova integradas, tamén, na Federación, ademais de distintos clubs de ocio da mesma.
Case 40 persoas entre usuarios, monitores e familiares percorremos en tres dÃas arredor de 30 km dende Salceda (O Pino) ata Santiago de Compostela. Érguiamos cedo e camiñabamos pola mañá, polo que as tardes estaban libres para descansar, pasear pola zona onde se atopaba o albergue ou facer actividades de ocio cos compañeiros.
O venres á chegada a Compostela contemplamos a Catedral deitados na praza do Obradoiro como normalmente fan os peregrinos, paseamos pola zona vella e houbo quen se animou a ir á misa do peregrino. Tamén tivemos unha recepción na Casa do Concello, no emblemático Pazo de Raxoi, con membros da corporación municipal.
O obxectivo principal desta actividade é mostrar unha imaxe normalizada da enfermidade mental e loitar contar o estigma e os prexuÃzos que a enfermidade acarrea; pero ademais, de xeito individual, proporciona benestar persoal e social. É unha boa forma de saÃr da rutina, pasalo ben, facer deporte, descubrir grandes paisaxes e coñecer xente nova.
Este, era o sexto ano que Feafes organiza a andaina polo camiño de Santiago, o primeiro para nós, e, a pesar do cansazo e o dolor de pés, de seguro que repetimos xa que a experiencia foi mais que positiva!
Esther Muñoz, Educadora Social en el CRPL de Cambre