O xoves 25 de xaneiro nas instalacións de APEM a Directora de Desarrollo e a psicóloga destes servizos en Carballo reuníronse con parte do equipo de “BOTANDO UNHA MAN”, un programa para a Televisión de Galicia que ten como obxectivo explorar as iniciativas solidarias e de voluntariado na nosa comunidade, do que imos formar parte xunto con outras entidades do noso sector e outras asociacións sen ánimo de lucro da comarca de Bergantiños. Queremos agradecer de antemán que contaran connosco para esta iniciativa que axuda a dar visibilidade ó traballo que se fai no día a día.
Contáronnos que o programa vaise centrar en coñecer ás persoas que colaboran en iniciativas e entidades solidarias en tódolos ámbitos do asociacionismo, van a compartir connosco distintos momentos cotiás, desde os problemas que se solucionan, as necesidades que se resolven e os atrancos dos que temos que ir saíndo.