Desta vez tivemos o pracer de entrevistar a vicedirectora do I.E.S Agra das Raíces pola súa gran implicación e colaboración na semana cultural que se organiza neste centro. Durante toda a semana os alumnos e alumnas do instituto participan na multitude de actividades que teñen organizadas: talleres, charlas sobre trastornos alimenticios, de seguridade vial, protección civil, adestramento canino, búsqueda de emprego … e infinidade de elas entre as que nos incluímos nós mesmos.
Durante toda a semana estivo unha das nosas voluntarias facendo tarefas de sensibilización e o xoves dúas profesionais do centro impartiron unha das sesión da Campaña Mentalízate.
Sen dúbida foi unha experiencia moi positiva e esperamos poder repetir en próximos anos.