Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

A Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) ven de facer un Programa de Compostaxe caseiro cos Concellos, Centros Escolares e Colectivos Sociais . APEM Carballo participa no Plan a través do Concello da vila.

No seu día foinos entregado un composteiro, material didáctico e coa axuda de un monitor comenzamos coa actividade.

Tratase de procurar  una mellor xestión dos nosos residuos orgánicos , facendo una actividade sostible e obter así abono natural, ( no noso novo Centro vainos servir para abonar plantas e para un futuro horto ecolóxico). A mais coa compostaxe recuperamos unha práctica tradicional de Galicia, contribuimos o aforro de CO2 e diversificamos as nosas actividades.

 

Carballo-compostaxe grupo Carballo-compostaxe

VOLVER