En Apem Culleredo estase a cocer un concurso de fotos. Esta idea xurdiu nun dos grupos de Terapia Ocupacional co obxectivo de deixar voar a nosa creatividade.
Haberá dúas categorías, unha de edificios e a outra de natureza. Todos poden participar, e para iso poden presentar un máximo de 7 fotografías en total.
Para facilitarlles a labor, dende Apem organizamos saídas, e paseos pola zona, compartindo cámaras para captar a imaxe perfecta.
Estase pensando realizar unha exposición con todas as fotografías presentadas no concurso, exposición de carácter aberto, para que todos os que esteades interesados vos acercades a descubrir cánto talento hai nestas catro paredes.
Nesta exposición, vos tendes un papel importante, xa que de aí sairá o gañador/a do I Concurso de Fotografía Apem.
Xa vos iremos contando mais cousas.