Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

O pasado sábado festexamos unha xornada de convivencia entre usuarios, familiares e profesionais tanto do noso CRPL, como dos compañeiros de Emprego Social, na polideportiva “Sofía Toro” de Cambre.

Ata alí achegámonos para disfrutar dunha comida que constaba de empanadas de atún e bacalao, xamón asado e polo con pataquiñas e de postre de larpeira e xeado; pero sobre todo para pasar un día agradable xunto cos compañeiros e os seus familiares, coñecernos e mellor e pasar un bo rato.

Por suposto, non faltou o bailoteo post- enchenta a cargo dunha disco – móbil que se encargou de facernos mover o esqueleto e tamén, de quentar a garganta, porque houbo quen se animou a cantar no karaoke!

Todo saíu moi ben, e a xente quedou moi contenta, así que, de seguro que iniciamos unha nova tradición!

Culleredo (1) Culleredo (2) Culleredo (3)

VOLVER