Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Esta fin de semana tivo lugar unha nova xornada dos nosos entrevistadores do Circuito “Correndo pola Costa da Morte” do centro de Cee e de Vimianzo.

Como xa vos contamos somos os encargados de facer as entrevistas dos once concellos que compoñen este circuíto. O certo e que cada vez estamos máis contentos porque a xente xa nos recoñece, porque dalgún modo temos xa novos amigos e novas caras coñecidas que xa nos saúdan dende o primeiro momento.

Este sábado a carreira tocaba no concello de Mazaricos e en horario de tarde así que alí estivemos dende as seis da tarde recollendo opinións tanto antes como despois de cada carreira e tamén tivemos uns minutiños para posar xunto a mascota que é un vaca chamada Mazarica. Estamos ansiosos por poder ensinar xa algún dos nosos traballos,así que en breve agardamos poder facelos públicos e que todos poidades vernos en plena acción!

IMG-20160731-WA0001

VOLVER