Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

En Carballo coincidindo coas festas de San Xoán,tamen fixemos a nosa fogueira purificadora, ainda que non con lume, faltaronnos as herbas e a auga de rosas para celebrar todo o ritual purificador, e  como se fósemos bruxas e meig@s practicamos o aquelarre con unha dinámica de grupos para reter todo o bo e desbotar todo o malo.

E sabido que conto mais tratas de non pensar en algo malo, mais costa sacalo da mente, por elo non debemos ter medo de falar sobre o que nos preocupa, intentar cambiar a perspectiva sobre as cousas, fomentar a creatividade e o exercicio físico e sobre todo tentar ser algo mais felices.

Por elo o ritual que fixemos en Carballo resultounos inspirador e moi grato para os usuarios, e xa estamos esperando as festas do ano que ven para repetilo, por se non temos ocasión propicia antes.

 

Carballo

VOLVER