Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Esta última semán traballamos as Habilidades Sociais  a  través da dinámica de Resolución de conflitos “O gato e o rato”  coa que buscamos reflexionar sobor as relación de  superioridade e sumisión, así como definir  os elementos que ha de ter unha relación para que sexa frutifera. Fixemonos as seguintes preguntas: ¿Cómo te sintes como rato? ¿ e como gato? Tentando comparar o xogo  e  relaciónalo con situacións  da vida real, asi como  saber a capacidade que temos para poñernos  no lugar do outro.

Prantexámonos ademais como   obxetivos:  A analise sobre a importancia da empatía, vivenciar o cambio na escala de poder e vivenciar a diferencia de poder.

Reflexionamos sobor a dificultad de poñernos no lugar do outro, cando a nosa posición é mais favorable. Paralelamante tratamos unha serie de creencias e formas de pensar que favorecen a asertividade e as  Habilidades sociais.

Estas dinámicas constituien unha ferramenta importante para aprender a describir conflictos, recoñecer as causas, ver os diferentes niveis  de unha relación  e buscar posibles solucións.

Vimos que os xogos de resolución de conflitos non solo serven como exercicio, senón que aportan as persoas e o grupo elementos para aprender a afrontar os conflitos de forma creativa.

 

Carballo

VOLVER