Educando en hábitos saudables

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | abril 10th, 2017

Como é ben sabido a saúde mental está íntimamente ligada á saúde en xeral, os vínculos entre a saúde física e a mental son bidireccionais. O feito de padecer unha mala saúde física incide de xeito negativo na saúde mental, así como o benestar emocional fai un papel protector de cara a mellorar os resultados en saúde e tamén nas taxas de recuperación de moitas enfermidades. Nestos últimos anos, organismos internacionais relevantes, como as Nacións Unidas, asumiron coma un reto da época que nos tocou vivir a abordaxe das chamadas enfermidades crónicas, nas que a prevención ven sendo un punto fundamental. Co gallo de que o Senado declara que o 2017 como ano da Saúde Mental, e citando literalmente unha frase da declaración institucional que aparece na páxina oficial da Cámara Baixa:  “La salud mental es un componente integral y esencial de la salud”, desde os servizos de APEM Carballo e invitados polo Colexio Artai  a psicólogo dos nosos servizos impartiu unhas charlas sobre aspectos de vida saudable, en adolescentes, facendo fincapé en que, entre outros moitos como a educación sexual e alimentaria, a educación emocional é unha parte moi importante no noso desenvolvemento evolutivo.

 

Carballo