Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Betanzos

Este luns, rematou as prácticas de Integración Social en APEM Betanzos a nosa amiga Camila. Engadimos pois unha páxina ó noso libro de familia, que vai medrando con cada unha das persoas que deixan a súa pegada en nós ó seu paso.
Antes que Camila, moitas máis persoas, estudantes en prácticas, traballadores, voluntariado, familias, amigos ….en definitiva, persoas que inflúen en persoas, que cambian persoas e cambian realidades. A todos e todas os que xa formades parte deste particular libro (sabedes quén sodes; sabemos quén somos): Moitísimas grazas.

VOLVER