Como cada último mércores de mes tocou facer entrevista na nosa sección en radio Nordés. Nesta ocasión a persoa entrevistada foi Luís Miguel Bardanca, un referente no mundo das carreiras integradoras.
Coñecemos a Luís Miguel durante o circuíto de Carreiras da Costa da Morte e nas rutas integradoras ós faros. Con tan só 13 anos tivo un accidente que o obrigou a quedarse nunha cadeira de rodas, agora con 30 acaba de recibir un premio especial á superación pola súa participación en todas as carreiras da bisbarra. Está rompendo estigmas e coa súa frase “a vida ponche obstáculos pero eres ti quen marca os límites” é un exemplo a seguir e a apoiar.
Deixámosvos o enlace do programa
http://www.ivoox.com/vivindo-a-costa-da-morte-28122016-audios-mp3_rf_15514116_1.html
e dende aquí agradecemos de novo ó noso entrevistado o chute de carga positiva que nos deixou!