Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Como viñamos anunciando, por fin chegou o momento de desvelar o nome do entrevistado para o segundo número da revista de APEM Vimbios.

Este xoves 26 o psiquiatra Juan Carlos Díaz del Valle, acudiu ó C.R.P.L. Los Chopos en A Coruña, onde usuarios /as de APEM dos diferentes centros o entrevistaron acerca de temas de actualidade, previamente traballados nos talleres de comunicación nos diferentes C.R.P.L.

Os usuarios, capitaneados por usuarios do C.R.P.L. Betanzos, realizaron unha entrevista que estivo á altura dos mellores periodistas. Noraboa polo resultado.

Queremos agradecer tamén a colaboración de Juan Carlos Diaz del Valle e eloxiar a súa capacidade para falar de temas tan complexos dunha forma tan sinxela e cercana a todos os que acudimos á entrevista. Para mostrar este agradecemento, ó remate da entrevista fíxose entrega dun agasallo realizado no Taller de Cerámica de APEM Coruña.

Non vos perdades o resultado no número 2 de Vimbios!!!!


 Betanzos 2 Betanzos 3 Betanzos 1

VOLVER

Un comentario

  1. O señor Diaz del Valle deunos unha explicación moi útil pero tamen sinxela sobre o que pasa nas nosas cabeciñas