Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

O mércores decidimos saír do noso día a día, e aproveitando o bo tempo, queríamos ir a coñecer algunha localidade veciña , que nos permitira movernos en trasporte público sen ter que dar moitas voltas; baraxamos varias opción, Santa Cruz, Sada… pero finalmente optamos por Betanzos!

Betanzos nos quedaba relativamente cerca (20 min en bus) e así, poderíamos quedar cos nosos compañeiros de Apem Betanzos, coñecer  as súas novas instalación e despois facer turismo todos xuntos pola localidade dos cabaleiros.

Así foi! Quedamos no seu CRPL, e despois nos diriximos ata o pasatempo, xa que moitos de nós non o coñeciamos; unha vez alí os chicos de Betanzos, encabezados pola súa monitora, Nuria, nos fixeron de guías turísticos e nos explicaron con todo detalle os entresijos deste magnífico parque obra de Don Juan García e o seu irmán.

Foi unha visita moi interesante, e tremendamente enriquecedora. Só nos queda agradecer a Nuria, e aos rapaces de Apem Betanzos pola acollida.

 

Culleredo

 

 

VOLVER