O venres 17 os grandes artistas de APEM inauguraron na Sala de Exposicións “Antón Mouzo” na casa da cultura de Vimianzo unha exposición chamada “Arteterapia na Enfermidade Mental” na cal podemos ver poesías, cadros ao óleo, debuxos e produtos elaborados nos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de APEM Cee e Vimianzo. Xa era ben sabido que a familia APEM está chea de artistas, e non dubidamos en amosalas á comunidade cada vez que se nos presenta a oportunidade. E tras expoñer as súas obras na Casa da Cultura de Cee agora toca Vimianzo. Na inauguración Almudena e Lolo presentaron a exposición e deron paso ao alcalde Manuel Antelo o cal nos dedicou unhas palabras, e, a continuación, os autores das obras fixeron de guías para explicar o significado de cada peza. Para finalizar, desfrutamos duns aperitivos e da bica de Vimianzo, da cal non quedou nin miga! A exposición estará ata o 17 de Marzo, a qué esperades para ir vela?