O pasado mércores, tivemos o pracer de coñecer a obra de Jorge Pardo a través da visión do propio autor, que nos acompañou nunha visita guiada que poderíamos calificar de emotiva, persoal e intensa. Non podemos deixar de recomendarvos a exposición “Camiño de Santiago. Como a vida”, unhas obras nacidas de experiencias vitais importantes experimentadas por Jorge Pardo na realización do Camiño de Santiago en ata cinco ocasións e na súa experiencia tamén coma hostaleiro no mesmo. Nesta exposición reflicte unha particular forma de ver o camino, moi persoal, o que deixa claro na seguinte afirmación: “Hai 30 formas de facer o camiño, 29 están mal”. Así mesmo, fai un paralelismo entre o Camiño de Santiago e a vida, polo tanto . “Hai 30 formas de vivir a vida, 29 están mal”.
Exposición perfecta para a reflexión e na magnífica compañía de Jorge. Puidemos coñecer a obra pero tamén á persoa que está detrás, exemplo de persoa que loita polo soño de vivir para pintar, e o consigue. Eternamente agradecidos e noraboa pola exposición.
Máis información: