Enmarcado no XLVII Festival de Santa Cecilia 2015, acudimos á exposición de artesanía tradicional Niñodaguía (Ourense), alfarería de Agustín Vázquez, sita na sala de exposicións do edificio Liceo, en Betanzos. O actual taller de Agustín Vázquez leva aberto dende 1990, en Niñodaguía, onde tamén hai un espazo de exposición e venta das pezas que elabora. Continuando con este festival, que inclúe música, arte, literatura e cine, realízanse ó longo do mes de novembro un concerto de música europea do século XVII (grupo La Xácara), outro de piano e viola, outro de Saxofóns Solistas e un Encontro de Corais.