Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Esta pasada semán e aproveitando a boa oferta cultural do Concello de Carballo, visitamos no Pazo da Cultura da Vila a exposición fotográfica de Peter Scheneider (Frankfurt)  “O país dos mil castros”.

Fai un repaso polos mais importantes castros dende terras da Costa da Morte a Mariña Lucense.

Os castros situados en lugares estratéxicos e con espectaculares vistas son poboados fortificados, nos que en tempos de guerra se refuxiaban ala polo S VI a.c o SVI d.c os celtas, antiguos habitantes de Galicia.

Teñen unha dimensión máxica xa que creían que facilitaban o contacto co ceo e co mais aló.

Un dos mais famosos é o de Baroña en Porto do Son, e Santa Tegra, tamen recollido na exposición.

 

Carballo

VOLVER