Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

O pasado xoves, 22 de decembro ás 16:30h. celebramos no centro de Cee, unha festa de portas abertas para celebrar o Nadal.
A festa, como sempre moi emotiva, deulle máis ca nunca protagonismo aos usuarios da unidade residencial e centro de rehabilitación de Cee e Vimianzo, que micrófono en man, dispuxéronse a presentar a gala na que se bailou e cantou ó son de panxoliñas.
Durante o festival presentouse en primicia a panxoliña composta polo cantautor Sergio Trillo, “Serj”, titulada “Chega o Nadal”, interpretada por tódolos usuarios.
Desfrutamos da actuación en directo do grupo musical “As Trubisquiñas” de Vimianzo.
Ademais, fíxose entrega da cesta sorteada para Nadal, co obxectivo de comprarlle o agasallo de Reis aos nosos usuarios co diñeiro recadado na venta das rifas.
Rematamos a festa cunha chocolatada e merendola para todos os asistentes.

 

Festa-de-Nadal-de-APEM Festa-de-Nadal-de-APEM-

VOLVER