O xoves da semán pasada os usuarios do CRPL de Carballo que acuden pola tarde ó centro tiveron comilona: castañas, galletas, e refrescos variados para celebrar o Outono.
Fixemos un taller de cociña e entre picar as castañas para que non explotasen e estar pendentes de que non se queimasen dandolle voltas entre todos no “pizza pan” foisenos a tarde; e despois, claro está, disfrutamos das castañas asadas.
Como non podía ser doutro xeito os usuarios correron con todas as labores de preparación e recollida do menaxe utilizado: fregando mesas, limpando utensilios, e lavando vasos, facendo disto un complemento das actividades da vida diaria.
Os restos recolléronse como materia orgánica para o taller de Composta
¡Ah! Previamente para o desenvolvemento da actividade decoramos de acordo ó Magosto, con debuxos de follas e castañas, o lugar onde preparamos e comemos o resultado do noso traballo.