Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Estas semanas nos talleres de repostería estivemos perfeccionando a receita das galletas de manteiga, tradicionais desta época do ano, e perfectas para acompañar cun café ou cun chocolate quente!

Cada vez nos sae mellor a masa e están super boas, ademais, é conveniente que se garden nun bote hermético, coma un galletero, para que se conserven sempre frescas!

Aquí vos deixo a receita:

  • Ingredientes:
  • 280g de fariña de trigo
  • 150g de manteiga a temperatura ambiente
  • 125g de azucre branco
  • 1 ovo
  • 1 culler pequena de esencia de vainilla
  • Elaboración:
  • Nun recipiente mesturar a manteiga co azucre, e remover ben; tras isto incorporar o ovo batido e a esencia de vainilla, ata que quede todo integrado.
  • Tamizamos a metade da fariña e mesturamos ben.
  • Unha incorporados todos os ingredientes amasamos cas mans ata que nos quede unha bola consistente.
  • A envolvemos en papel film e a deixamos reposar alrededor de 15 – 20 no conxelador.
  • Pasado este tempo, sacamos a bola do conxelador e estiramos a masa cun rodete ata que nos quede unha prancha 1cm de groso mais ou menos.
  • Collemos as corta pastas e cortamos masa en galletas (este proceso se repetirá ata acabar a masa)
  • Poñemos un papel vexetal na bandexa do forno e as nosas galletas por riba
  • Precalentamos o forno a 180º
  • Quentamos , a unha altura media dor forno, durante 13 min
  • E xa están listas para comer!

Que aproveite!

 

Culleredo

VOLVER