I Cea Solidaria APEM

Por: | Etiquetas:: , , , , | Comentarios: 1 | octubre 5th, 2015

Despois dun mes de moitísimo traballo… Xa pasou! Xa pasou a cea e non podemos estar máis contentos, tivemos un amplo respaldo o venres na cea solidaria celebrada en As Hortensias (Corcubión). Bastaron dúas semanas para completar o aforamento e, así, tal e como se estimaba, acudiron á cita (conmemorando o Día Mundial da Saúde Mental) 140 persoas. Entre elas, representantes políticos das comarcas de Soneira e Fisterra. Tamén Carlos Oliete, director de zona de Ferroatlántica, ou profesionais do campo da saúde, os servizos sociais ou a docencia, onde APEM desenvolve periodicamente campañas de sensibilización. Así mesmo tamén nos apoiaron familiares, socios e amigos. Fran Hermida deu a benvida e lembrou os inicios de APEM nesta zona, dando paso a un vídeo que percorreu o traballo feito desde o 2002 e que concluíu cunha homenaxe a José Luís Muruzábal, presidente da asociación durante máis de vinte anos e falecido en xullo do 2013. Interviñeron así mesmo Xosé Ramón Girón, presidente de Feafes Galicia, e Toni Pereiro, presidenta de Apem. Ela emocionouse dobre, tanto polo recordo a Murazábal como polo traballo do equipo e a asistencia á cea. Os usuarios de APEM tamén deron a coñecer o seu esforzo nun vídeo e, nas sobremesas, sorteouse a foto gañadora da Medalla de Prata da World Photography Cup, doada polo seu autor, Marcos Rodríguez. Finalmente, actuou Serj, acompañado por Raúl (guitarra) e Rebeca (voz).

Non podemos estar máis agradecidos pola resposta da xente, so podemos dicir que para o ano que ven… Máis e mellor!

DSC_0282-01

DSC_0293-01

Comentarios

One thought on “I Cea Solidaria APEM

Deja tu respuesta