Dende Soneira-Fisterra estamos orgullosos de anunciarvos o inicio do programa de sensibilización Mentalízate 2015-2016, promovido por FEAFES. Diriximosnos ós alumnos de 3º da ESO dos institutos para charlar acerca dos trastornos mentais, derrubando estigmas e chegando a conclusións moi positivas sobre como promover a nosa saúde mental.
Comezamos polo C.E.I.P. Manuela Rial Mouzo de Cee, e camiñaremos cara Fisterra, Baio, Camariñas e Vimianzo. Dende APEM agradecemos inmensamente as colaboracións dos centros educativos, que sempre son tan importantes para a sensibilización no ámbito da saúde mental.