Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

O Consorcio AS MARIÑAS organiza una mesa redonda e entrega do II Premio Jose Luis Muruzábal, o XOVES, 15-OUTUBRO-2015, no Auditorio das Torres de Santa Cruz no Concello de Oleiros. 19:30 horas.

 

O acto vaise dividir en dúas partes:

Mesa Redonda: “O ingreso non voluntario do paciente psiquiátrico”

Nesta mesa se abordará unha cuestión que preocupa moito ás familias e aos profesionais dos Servizos Sociais, a grave situación que se produce cando un enfermo psiquiátrico precisa dun ingreso hospitalario ante unha crise e non quere facelo.

Para tratar este tema participarán representantes do ámbito xudicial e do sanitario, ademais dun representante das familias e outro dos propios pacientes, co fin de coñecer en primeira persoa como o viven eles eses momentos. Unha visión fundamental nese obxectivo de empatizar co enfermo psiquiátrico e tratar de poñernos no seu lugar, como reza o obxectivo deste ano do Día da saúde Mental.

Entrega do II Premio Jose Luis Muruzábal

Con posterioridade á mesa redonda, Jose Luis Santiso Miramontes, presidente do Consorcio As Mariñas, entregará o II Premio Jose Luis Muruzábal  experiencias innovadoras no ámbito da saúde mental ao proxecto gañador na edición deste ano. Este ano presentáronse un total de 6 proxectos, de distintos puntos da Comunidade Autónoma, A Coruña, Lugo e Pontevedra, e abordando a integración dende o ámbito educativo, laboral, deportivo…

entrega premios muruzabal - copia

VOLVER