Eu non pensaba ver esta pelÃcula ese dÃa e a esa hora na televisión maÃs, ao mellor, polo moito que se falou do seu protagonista, Bratt Pitt, un dos meu preferidos, puxenme a vela e moito me gustou.
Non tendo claro as reglas do béisbol ten mérito que esta pelÃcula me enganchara, o que xustifico nas grandes actuacións dos actores e no ben que a pelÃcula te somerxe no ambente ultracompetitivo do deporte profesional. Estuda os xogadores de forma diferente a tradicional, quedándose cos mais infravalorados.
E salientable tamén o papel que ten a ciencia.O protagonista desesperado porque a sua escadra obteña un resultado digno na liga o fÃa todo a un método estadÃstico para obter criterios obxetivos, configurar e posteriormente modificar a súa plantilla de xogadores. O que o leva a ter que prescindir dos seus axudantes, asesores deportivos veteranos,que non queren oir falar de métodos revolucionarios.
Unha historia cargada de multiples lecturas da que se deberÃa extraer unha mensaxe práctica e chea de sabidurÃa, extrapolando as cuestions do beisbol a case calquera ámbito.
En definitiva que a min esta historia me seduxo polo que non poido facer outra cousa que recomendala.
Colaborador Juan José Pallas Aldao. Crpl Carballo.