Roupa, electrónica, música, perfumes, xoias…  Como se nota que en APEM Cee – Vimianzo fomos boÃsimos durante o 2015 que viñeron os reis cargadiños, cargadiños!
Se os nosos rapaces e as nosas rapazas continúan nesta liña portándose aÃnda mellor durante o 2016, e a cantidade de presentes aumenta de xeito directamente proporcional o ano que ven, Baltasar, Melchor e Gaspar van necesitar un remolque… E vai ser un lÃo porque a ver onde o enganchan! J
Durante unha xornada chea de ledicia os/as nosos/as queridos/as usuarios/as desenvolveron con entusiasmo os agasallos deste máxico dÃa; e nós, traballadoras e traballadores de APEM Cee – Vimianzo recibimos o que de seguro foi o mellor regalo de todos: gozar coa ilusión da nosa xente.
Queremos agradecer a toda a xente que colaborou con nos comprando as rifas para que isto fose posible, asà como tamén a Froiz Cee por colaborar con nos na cesta que se sorteou.