Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

O martes pasado, aproveitando que a chuvia nos deu unha tregua, decidimos cambiar as clases de Zumba por unha camiñata polo paseo do Burgo.

A verdade é que xa facía tempo que non o faciamos, porque durante o inverno é moi complicado, pero xa tíñamos ganas.

Estamos desexando que chegue a primavera e o bo tempo para poder retomar os nosos longos paseos pola ría do Burgo, ou mesmo achegarnos ata a praia de Santa Cristina.

 

Cambre

 

VOLVER