Como xa sabedes, temos un xardín marabilloso, cheo de centros e plantas que agora, na primavera, visten estupendas, todas en flor; hai rosas, calas brancas e demais flores de diferentes cores .
As labores de xardinería as levan dende o concello de Culleredo, concretamente os rapaces do centro especial de emprego Xardín Celas, que fan una labor estupenda; sen embargo, nós nos encargamos do mantemento do mesmo, quitando os herballos e as herbas malas, e acondicionando o que vai ser o noso “mini” invernadoiro poder plantar tomates que nos virán de perlas para os nosos talleres de cociña!