Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

APEM e o Concello de Culleredo organizaron para a tarde do día 1 de outubro no Pazo de Villa Melania (Vilaboa) a presentación da novela «A ANTESALA LUMINOSA» de Antonio Tizón. Contamos coa presenza de Dna.  María Guadalupe Pombo Carril, Concelleira de Benestar Social e Igualdade do Concello de Culleredo, do psiquiatra D. Juan Carlos Díaz del Valle e do propio autor, D. Antonio Tizón.

Dna. Guadalupe fixo una entrañable presentación tanto de D. Juan Carlos Díaz del Valle como de D. Antonio Tizón.

Na súa alocución, D. Juan Carlos Díaz del Valle resaltou, entre outra cousas, que ainda que este libro non é un manual de psiquiatría, recomenda a súa lectura pola boa descripción do trastorno bipolar que nel se fai .

Pola súa banda, D. Antonio Tizón, o autor, falounos das boas críticas que está a recibir a súa obra e adiantóunos que xa ten escrita a segunda entrega que levará por título OS INCURÁBEIS.

Pechou o acto Dna. Antonia Pérez Amieiro coa entrega dunhas preciosas pezas realizadas no obradoiro de cerámica de APEM.

 

IMG_20151001_185149

VOLVER